De conformidade co disposto nos artigos 59.5º e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de ser tentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselle ao interesado, que se sinala no anexo deste anuncio, o requirimento de emenda de documentación en relación co expediente de subvención número 11150243/2008. Así mesmo, de conformidade co artigo 71.1 da citada lei, infórmase o interesado de que, se non emenda a falta ou xunta os documentos preceptivos nun prazo máximo de dez días, se terá por desistido da súa petición, logo de resolución ditada nos termos previstos no artigo 42 da devandita lei.
Santiago de Compostela, 3 de setembro de 2012
Tomás Fernández-Couto Juanas
Secretario xeral de Medio Rural e Montes
ANEXO
Expediente: 11150243/2008.
Interesado: Jesús Manuel Rivera Martínez.
Último domicilio coñecido: apartado de correos, 57, 15129 Vimianzo (A Coruña).
Asunto: requirimento de emenda da documentación indicada na Orde do 20 de febreiro de 2009 pola que se establecen as bases e se convocan para o ano 2009 axudas para o fomento das frondosas caducifolias.