Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Venres, 21 de setembro de 2012 Páx. 36908

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 11 de setembro de 2012, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñeiros de camiños, canais e portos, convocado pola Orde do 27 de xullo de 2011 (DOG núm. 144, do 28 de xullo), pola que se fan públicos a data, a hora e o lugar de realización do terceiro exercicio do proceso selectivo.

En sesión que tivo lugar o día 11 de setembro de 2012, o tribunal nomeado pola Orde do 17 de novembro de 2011, modificada pola Orde do 12 de decembro, para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñeiros de camiños, canais e portos, acordou, de conformidade co disposto na base II.1.2.6 da convocatoria, que o terceiro exercicio do proceso selectivo terá lugar o día 31 de outubro de 2012, na aula 11 da Escola Galega de Administración Pública (EGAP) na rúa Madrid, número 2, As Fontiñas, Santiago de Compostela, en chamamento único que se iniciará ás 16.00 horas.

Os aspirantes deberán ir provistos de DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade, ao xuízo do tribunal, e bolígrafo de tinta azul.

Segundo se dispón na base II.1.1.3. da convocatoria, para o desenvolvemento deste exercicio os aspirantes poderán servirse de textos legais sen comentarios, excluídos os libros de consulta. Admitiranse as versións consolidadas, aquelas en que figuren notas de vixencia e os subliñados simples, sempre que non inclúan ningunha outra información, comentario doutrinal ou referencia xurisprudencial. Só se admitirán os textos publicados en calquera dos diarios oficiais.

O tribunal facilitará calculadoras para a realización deste exercicio, e non se permitirá o uso de calquera outra.

Non se permitirá o acceso ás aulas en que se realice o exercicio con teléfonos móbiles, axendas electrónicas ou calquera outro dispositivo electrónico de que poida valerse o aspirante para auxiliarse na realización do exercicio. Non se habilitará ningún servizo de recollida de móbiles.

Santiago de Compostela, 11 de setembro de 2012

Gerardo Pallares Sánchez
Presidente do Tribunal