Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Venres, 21 de setembro de 2012 Páx. 36909

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 14 de setembro de 2012, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se aproban e se fan públicas as listaxes definitivas de admitidos e excluídos ao proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de finanzas.

En virtude da Resolución do 3 de agosto de 2012, da Dirección Xeral da Función Pública, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 153, do 10 de agosto, aprobáronse as listaxes provisionais de admitidos e excluídos ao proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de finanzas.

Unha vez transcorrido o prazo regulamentario para a presentación de emendas sobre as ditas relacións de admitidos e excluídos, de conformidade co artigo 12 do Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia e na base I.4.2. das que rexen o proceso selectivo convocado pola Orde do 25 de maio de 2012, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 103, do 31 de maio, esta dirección xeral

RESOLVE:

Aprobar as listaxes definitivas de admitidos e excluídos ao proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de finanzas.

A listaxe definitiva de aspirantes admitidos poderá consultarse na páxina web da Xunta de Galicia (www.xunta.es) e estará á disposición dos aspirantes no Servizo do Rexistro Xeral e Información da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, nas oficinas de Rexistro e Información dos edificios administrativos da Xunta de Galicia e nas súas oficinas comarcais.

A listaxe de aspirantes excluídos, con indicación da causa determinante da súa exclusión, figura como anexo a esta resolución.

A Administración devolverá de oficio o importe ingresado en concepto de dereitos de exame a aqueles/as aspirantes definitivamente excluídos/as que, de acordo coa base I.3, realizaron o pagamento con certificado dixital ou DNI electrónico ou ben fixeron constar na súa solicitude o número de conta para estes efectos. Para a devolución do importe ingresado por aqueles/as outros/as aspirantes que non fixeron constar eses datos e figuren nesta resolución como excluídos/as, será necesaria a presentación dun escrito en que o/a interesado/a faga constar o número de conta, a entidade bancaria e a localidade desta ou dun certificado expedido pola entidade no cal figuren eses datos. Esta documentación deberá ser presentada no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

De conformidade co disposto na base I.3, non procederá a devolución do importe aboado en concepto de dereitos de exame nos supostos de renuncia a participar no proceso dos solicitantes admitidos provisional ou definitivamente.

Contra esta resolución poderase interpoñer recurso potestativo de reposición, ante a conselleira de Facenda, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, ou poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde a mesma data, de conformidade co disposto no artigo 8.2 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, en relación co artigo 10.1 do mesmo texto legal.

Santiago de Compostela, 14 de setembro de 2012

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

Anexo
Relación de aspirantes excluídos/as

Apelidos e nome

NIF

Quenda

Motivo da exclusión

Iglesias Gómez, José Manuel

78788218Q

Base I.1.2

62

Código

Descrición

62

Documento xustificativo exención taxas con cotexo non válido