Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Venres, 21 de setembro de 2012 Páx. 36907

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 10 de setembro de 2012, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se emprazan os interesados no recurso contencioso-administrativo P.O. 82/2012, interposto por Mercedes Gayoso Gómez.

A Dirección Xeral da Función Pública recibiu da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia providencia pola que se admite a trámite o recurso contencioso-administrativo P.O. 82/2012, interposto por Mercedes Gayoso Gómez, contra a Resolución do 21 de novembro de 2011, da Consellería de Facenda, que desestima o recurso de alzada formulado contra a Resolución do 6 de xullo de 2011 que denega as alegacións fronte á Resolución do 30 de marzo de 2011 (DOG nº 69, do 7 de abril) e contra a Orde do 22 de decembro de 2011 (DOG nº 7, do 11 de xaneiro de 2012) do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo de consolidación de emprego para o ingreso no corpo superior da Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A1.

En consecuencia, esta dirección xeral acordou nesta data, e de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente administrativo á referida sala, o que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, e son emprazadas para que poidan comparecer como parte nos autos na Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de 9 (nove) días, contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 10 de setembro de 2012

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública