Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Venres, 21 de setembro de 2012 Páx. 36983

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

CÉDULA do 28 de agosto de 2012, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se lle notifica á persoa interesada a proposta de resolución do expediente sancionador ES-P-0009/12.

De conformidade cos artigos 58, 59 e 60 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), despois de intentada a notificación persoal por dúas veces no último domicilio coñecido, notifícaselle á persoa interesada a proposta de resolución do expediente sancionador que se indica no anexo.

Pontevedra, 28 de agosto de 2012

(Decreto 317/2009, do 4 de xuño)
José Luis Díez Yáñez
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Interesado: Emilio Nava Peláez.

Expediente: ES-P-0009/12.

Último domicilio coñecido: rúa Antonio Palacios, núm. 52, 6º B. O Porriño, Pontevedra.

Indicación do contido: notifícaselle a proposta de resolución do expediente sancionador ES-P-0009/12, en que se propón que non se sancione a Espiga Salceda, S.L., nin a Emilio Nava Peláez, e que se proceda ao arquivo do expediente sancionador, por prescrición da infracción que se lles imputa.

Alegacións: de acordo co sinalado no Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora (BOE núm. 189, do 9 de agosto) concédeselle á persoa interesada un prazo de 15 días, que se contarán a partir do seguinte ao da publicación desta cédula, para achegar as alegacións, documentos ou informacións que considere convenientes.