Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Venres, 21 de setembro de 2012 Páx. 36984

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Betanzos

ANUNCIO polo que se fai público o acordo de declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos afectados pola expropiación para a realización das obras do Proxecto Mandeo.

A Alcaldía Presidencia do Concello de Betanzos ditou resolución, que se fai pública mediante o presente anuncio e de acordo co establecido na regra 2ª do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

«Resolución nº 952/2012.

No Diario Oficial de Galicia nº 176, do 14 de setembro de 2012, foi publicado o acordo de declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos afectados pola expropiación para a realización das obras do proxecto construtivo do novo trazado e mellora da zona fluvial dos Caneiros (Proxecto Mandeo), adoptado polo Decreto 181/2012, do 6 de setembro, da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da Xunta de Galicia, relativo ao expediente de expropiación do proxecto indicado que está a tramitar este Concello.

En aplicación do establecido no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954, enténdese cumprido o trámite de declaración de necesidade de ocupación dos bens que deben ser expropiados dando dereito á súa ocupación inmediata e, en consecuencia, esta Alcaldía Presidencia

RESOLVE:

1º. Que en cumprimento do establecido na regra 2ª do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa se convoquen, mediante cédula de notificación, os seguintes interesados para que os días e horas sinalados comparezan nos predios afectados pola citada expropiación, para os efectos do levantamento da acta previa á ocupación:

Predio Titular Referencia catastral Día Hora

1 Núñez Bachiller, María 4423305NH6942S0001WY 8.10.2012 10.00

2 López Miramontes, Guillermo (herdeiros) 4423306NH6942S0001AY 8.10.2012 10.00

3 Promociones Inm. Premier Betanzos, S.L. 4423307NH6942S0001BY 8.10.2012 10.00

4 Fernández Carballosa, Mª Pilar 4423308NH6942S0001YY 8.10.2012 10.00

5 Lago Soler, Teresa e Venancio 4423309NH6942S0001GY 8.10.2012 10.00

Finca Titular Referencia catastral Día Hora

6 Lago Soler, Teresa e Venancio 4423310NH6942S0001BY 8.10.2012 10.00

7 Promociones Inm. Premier Betanzos, S.L. 4423383NH6942S0001BY 8.10.2012 10.00

8 Promociones Inm. Premier Betanzos, S.L. 4423383NH6942S0001BY 8.10.2012 11.30

9 Promociones Inm. Premier Betanzos, S.L. 4423383NH6942S0001BY 8.10.2012 11.30

10 Calviño Gómez, María 4423313NH6942S0001QY 8.10.2012 11.30

11 Díaz Rey, José Ángel 4423314NH6942S0001PY 8.10.2012 11.30

12 Descoñecido 4423381NH6942S0001PY 8.10.2012 11.30

13 Méndez Beade,Víctor 4423315NH6942S0001LY 8.10.2012 11.30

14 Rico Edreira, Manuel 4423316NH6942S0001TY 8.10.2012 11.30

15 Sánchez Carro, Mercedes 4423317NH6942S0001FY 9.10.2012 10.00

16 Álvarez Sánchez-Ocaña, Mª Carmen 4423318NH6942S0001MY 9.10.2012 10.00

17 Dopazo Fernández, Benito 4422609NH6942S0001XY 9.10.2012 10.00

18 Gómez-Iglesias Puente, Valentín 4422610NH6942S0001RY 9.10.2012 10.00

19 Suárez Gómez, Ramón (herdeiros) 4422611NH6942S0001DY 9.10.2012 10.00

20 Construcciones Os Tres Galegos 4422612NH6942S0001XY 9.10.2012 10.00

21 López Panete, Antonio 4422642NH6942S0001RY 9.10.2012 10.00

22 Mariñán Maroño, Manuel (Herdeiros) 4422615NH6942S0001EY 9.10.2012 11.30

23 Etcheverría López, Eugenio, Mª Jesús, Jorge 4422616NH6942S0001SY 9.10.2012 11.30

24 Etcheverría López, Eugenio, Mª Jesús, Jorge 4422616NH6942S0001AT 9.10.2012 11.30

25 Rábade Souza, Antonio e outros 15009A008000050000ER 9.10.2012 11.30

26 Etcheverría López, Jorge 15009A008000230000EB 9.10.2012 11.30

27 García Teijo, Vicente Antonio 15009A008000240000EY 9.10.2012 11.30

28 Álvarez Sánchez-Ocaña, Mª Carmen 15009A008000300000EP 9.10.2012 11.30

29 Purriños Brea, Agustín 15009A008000280000EL 9.10.2012 11.30

2º. No devandito acto procederase á determinación de todos os bens e dereitos non recoñecidos ata a data e que poidan existir, e deberase facer constar a existencia de arrendatarios, de ser o caso, para o que, como establece a regra 3ª do artigo 52, os interesados poderán ir acompañados dos seus peritos e un notario, todo iso á súa custa.

3º. No acto comparecerán o secretario municipal, a arquitecta municipal como perito desta Administración e, en delegación das facultades desta Alcaldía Presidencia, o concelleiro delegado de Urbanismo, Antonio Vázquez Lorenzo.

4º. En cumprimento do establecido no artigo 56.2 do Decreto do 26.4.1957, Regulamento de expropiación forzosa, publicada a relación de bens e dereitos a que se refire o primeiro punto desta resolución e ata o momento do levantamento da acta previa, os interesados poderán formular por escrito alegacións ante este Concello para os únicos efectos de emendar posibles erros que se producisen con relación aos bens e dereitos afectados pola urxente ocupación.

5º. Procederase ás publicacións regulamentarias da presente resolución de acordo co establecido na regra 2ª do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.»

Betanzos, 14 de setembro de 2012

José Ramón García Vázquez
Alcalde presidente