Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Venres, 21 de setembro de 2012 Páx. 36987

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Corgo

ANUNCIO de información pública sobre dous proxectos técnicos neste concello.

De conformidade co establecido no artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométense a información pública os seguintes proxectos técnicos:

– Proxecto de queixaría artesanal, no parque empresarial do Corgo, parcela 22; é promotora Análisis de Activos, S.L.

– Proxecto de balsa para almacenamento de sandach, parroquia de Camposo, lugar de Camposo; é promotora Verónica Labra Rodríguez.

Aquelas persoas que se consideren interesadas poderán examinalos nas dependencias municipais, en horario de oficina, durante un prazo de vinte (20) días hábiles contados desde o seguinte ao da última publicación deste anuncio, que se realizará nos seguintes medios: Boletín Oficial da provincia de Lugo, Diario Oficial de Galicia e taboleiro de anuncios.

O Corgo, 21 de agosto de 2012

P.D.
Felipe Labrada Reija
Primeiro tenente de alcalde