Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Venres, 21 de setembro de 2012 Páx. 36988

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Pobra do Brollón

ANUNCIO de información pública sobre a construción de fosa de zurro en Tudriz (Lamaigrexa).

Pedro Castro Macía solicitou a esta alcaldía licenza para a construción de fosa de zurro, que se localizará na parroquia de Lamaigrexa, lugar de Tudriz, deste termo municipal. En cumprimento do disposto no artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, de avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por un prazo de vinte días hábiles, co fin de que durante este, que comezará a contar desde o día seguinte ao da inserción do presente edicto no Diario Oficial de Galicia, poidan examinar o expediente, na Secretaría deste concello, as persoas que dalgún modo se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que xulguen oportunas.

A Pobra do Brollón, 14 de agosto de 2012

José Luis Maceda Vilariño
Alcalde