Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Venres, 21 de setembro de 2012 Páx. 36981

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

CÉDULA do 21 de agosto de 2012, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se lle notifica á persoa interesada que se indica o dereito a comparecer ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Pontevedra.

En relación co expediente de desafiuzamento por ocupación sen título DT-005/10, instruído contra José Manuel Abalo Bispo, María Isabel Gil Vicente e demáis ocupantes sen título da vivenda de promoción pública situada na rúa Celso Emilio Ferreiro, nº 13, 3º H, Vilagarcía de Arousa, Pontevedra, comunícolle que se está a tramitar no Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Pontevedra un recurso contencioso-administrativo interposto por María Isabel Gil Vicente contra a resolución da Xefatura Territorial de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, por delegación do presidente do IGVS, do 2 de febreiro de 2012.

De acordo co previsto no artigo 49.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, infórmoo de que como posible interesado no dito procedemento, ten dereito a comparecer ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Pontevedra, no prazo de nove (9) días hábiles contados a partir do seguinte ao da recepción desta notificación.

De conformidade cos artigos 58, 59 e 60 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), despois de intentada a notificación persoal por dúas veces no último domicilio coñecido, notifícaselle á persoa interesada o emprazamento no procedemento que se detalla no anexo.

Pontevedra, 21 de agosto de 2012

(Decreto 317/2009, do 4 de xuño)
José Luis Díez Yáñez
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Interesado: José Manuel Abalo Bispo.

Expediente: DT-005/10.

Último domicilio coñecido: rúa Cienfuegos, nº 8, 2º. Arrecife-Lanzarote, Las Palmas.

Indicación do contido: emprázase para que poida comparecer ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Pontevedra, procedemento ordinario 141/2012-CC, en que se está a tramitar o recurso contencioso-administrativo interposto por María Isabel Gil Vicente contra a resolución da xefatura territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.

Alegacións: de acordo co previsto no artigo 49.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, a resolución pola que se acorde remitir o expediente notificarase nos cinco días seguintes ao da súa adopción a cantos aparezan como interesados nel, que serán emprazados para que poidan comparecer como demandados no prazo de nove días que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación desta cédula.