Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Mércores, 19 de setembro de 2012 Páx. 36645

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (293/2012).

Xulgado do Social número 3 da Coruña, r/ Monforte, s/n.

Teléfono: 981 18 51 35/136/137.

Fax: 981 18 51 35.

NIG: 15030 44 4 2012 0001527.

N81291.

Nº autos: despido obxectivo individual 293/2012.

Demandante: Juan José Lagares Ansede.

Demandados: ABN Pipe Abastecimientos, S.A., ABN Pipe Gestión, S.L., ABN Pipe Systems, S.L.U., ABN Pipe Enginering & Support.

Juan Rey Pita, secretario xudicial do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fai saber que no procedemento despedimento obxectivo individual 293/2012 deste Xulgado do Social, seguido por instancia de Juan José Lagares Ansede contra a empresa ABN Pipe Abastecimientos, S.A., ABN Pipe Gestión, S.L., ABN Pipe Systems, S.L.U. e ABN Pipe Enginering & Support, sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución:

«Sentenza 628/2012.

A Coruña, 24 de xullo de 2012.

Ana I. Sánchez Mira, xuíza substituta do Xulgado do Social número 3 desta cidade, viu estes autos de xuízo número 293/2012, sobre despedimento, seguidos por instancia de Juan José Lagares Ansede, asistido pola letrado Sr. Ramonde, contra a empresa ABN Pipe Establecimientos, S.A., ABN Pipe Gestión, S.L., ABN Pipe Systems, S.L.U., asistidas polo letrado Sr. Pintos, e contra a empresa ABN Pipe Enginering & Support, que non compareceu malia a súa debida citación.

Resolvo que desestimo a excepción de falta de lexitimación pasiva interposta pola parte demandada e debo desestimar e desestimo a pretensión exercida por Juan José Lagares Ansede contra as empresas ABN Pipe Establecimientos, S.A., ABN Pipe Gestión, S.L., ABN Pipe Systems, S.L.U. e ABN Pipe Enginering & Support e declaro que concorren as causas de despedimento obxectivo.

Notifíquese esta sentenza ás partes, e fágaselles saber que contra ela cabe recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar previamente ante este xulgado do social no prazo dos cinco días hábiles seguintes, contado desde o día seguinte ao da súa notificación, por comparecencia ou por escrito das partes, do avogado ou representante legal, e designar o letrado que o deberá interpor. Tamén é posible por simple manifestación da parte ao ser notificada.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste e lle sirva de notificación á empresa ABN Pipe Enginering & Support, expídese este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 3 de setembro de 2012

O secretario xudicial