Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Mércores, 19 de setembro de 2012 Páx. 36643

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (697/2010).

María Jesús Hernando Arenas, secretaria xudicial en función de substitución do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fai saber que no procedemento ordinario 697/2010 deste xulgado do social, seguido por instancia de Francisco Javier Pardo Pedreiras, Rosa del Amparo Herrero Visconti, Rubén Ferreño González, Antonio Sanduende Otero e Roberto Méndez Rodríguez contra a empresa Impel Telecom, S.A., Inxenia, Gestión Integral de Proyectos y Servicios, S.L.U., sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

«A Coruña, 30 de xullo de 2012.

Carlos Villarino Moure, maxistrado xuíz do Xulgado do Social número 3 da Coruña, tras ver estes autos sobre ordinario entre partes, dunha e como demandantes, Francisco Javier Pardo Pedreiras, Rosa del Amparo Herrero Visconti, Rubén Ferreño González, Antonio Sanduende Otero e Roberto Méndez Rodríguez, que comparecen asistidos pola letrada Antía Muruzábal Pérez, e doutra, como demandado, Impel Telecom, S.A., Inxenia, Gestión Integral de Proyectos y Servicios, S.L.U., que non comparecen malia estaren citadas en legal forma resolvo:

1. Estimo a demanda formulada por Francisco Javier Pardo Pedreiras, Rosa del Amparo Herrero Visconti, Rubén Ferreño González, Antonio Sanduende Otero e Roberto Méndez Rodríguez fronte á empresa Inxenia Gestión Integral de Proyectos y Servicios, S.L.U., con condena da demandada ao aboamento das seguintes cantidades:

– A Roberto Méndez Rodríguez, 12.508,76 euros por despedimento improcedente e 5.852,67 euros en concepto de salarios.

– A Rosa del Amparo Herrero Visconti, 6.105,84 euros por despedimento improcedente e 8.168,09 euros en concepto de salarios.

– A Antonio Sanduende Otero, 5.876,53 euros por despedimento improcedente e 6.503,60 euros en concepto de salarios.

– A Francisco Javier Pardo Pedreiras, 4.956,16 euros por despedimento improcedente e 4.827 euros en concepto de salarios.

– A Rubén Ferreño González, 12.960,89 euros en concepto de salarios.

2. Desestímase a acción exercida contra a Impel Telecom, S.A.

Notifíquese esta sentenza ás partes, advertindo que contra ela poderán interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que deberá ser anunciado por comparecencia ou mediante escrito neste xulgado, dentro dos cinco días seguintes ao da notificación desta sentenza, ou por simple manifestación no momento en que se lle practique a notificación.

Advírtase igualmente o recorrente que non sexa traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio da xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros na conta aberta en Banesto (0030 1846) a nome deste xulgado, co número 1533 0000 36 0697 10, acreditando mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de depósitos e consignacións a nome deste xulgado, co número 1533 0000 60 0697 10, a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario por tal cantidade, en que se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, e incorporalo a este xulgado co anuncio do recurso. En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso, no momento de o interpor.

Así, por esta miña sentenza, definitivamente xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Publicación. A anterior sentenza leuna e publicouna o maxistrado que a ditou, en audiencia pública do día da data, do que dou fe».

E para que sirva de notificación en legal forma á empresa Inxenia, Gestión Integral de Proyectos y Servicios, S.L.U., expídese este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 31 de agosto de 2012

A secretaria xudicial