Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Mércores, 19 de setembro de 2012 Páx. 36647

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (320/2012).

Xulgado do Social número 3 da Coruña, r/ Monforte, s/n.

Teléfono: 981 18 51 35/136/137.

Fax: 981 18 51 35.

NIG: 15030 44 4 2012 0001671.

N81291.

Nº autos: despidimento/cesamentos en xeral 0000320/2012.

Demandante: María Teresa González Fiaño.

Avogada: Cristina Gómez Lozano.

Demandada: Graublan Ibérica, S.L.

Juan Rey Pita, secretario xudicial do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fai saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 320/2012 deste Xulgado do Social, seguido por instancia de María Teresa González Fiaño contra a empresa Graublan Ibérica, S.L., sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución:

«Sentenza 611/2012.

A Coruña, 19 de xullo de 2012.

Ana I. Sánchez Mira, xuíza substituta do Xulgado do Social número 3 desta cidade, viu estes autos de xuízo número 320/2012, sobre despedimento, seguidos por instancia de María Teresa González Fiaño, asistida pola letrada Sandra Garrido, contra a empresa Graublan Ibérica, S.L., que non compareceu malia a súa debida citación e coa presenza do Ministerio Fiscal na súa especial representación.

Resolvo que debo estimar e estimo a demanda presentada por María Teresa González Fiaño contra a empresa Graublan Ibérica, S.L. e declaro nulo o despedimento da traballadora, que deberá ser reincorporada á empresa e serlle aboados os salarios pendentes desde o día 10 de febreiro de 2012 ata a efectiva reincorporación, tendo en conta que o seu salario base mensual é de 1.153,77 € (38,13 € diarios).

Impónselle á empresa a multa de 600 euros pola súa incomparecencia ao acto de conciliación.

Notifíquese esta sentenza ás partes, e fágaselles saber que contra ela cabe recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar previamente ante este xulgado do social no prazo dos cinco días hábiles seguintes, contado desde o día seguinte ao da súa notificación, por comparecencia ou por escrito das partes, do avogado ou representante legal, e designar o letrado que o deberá interpor. Tamén é posible por simple manifestación da parte ao ser notificada.

Así mesmo, expídase oficio á Xunta de Galicia co fin de que tome coñecemento desta sentenza e da actuación realizada pola empresa para efectos de concesión ou denegación de subvencións.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Publicación. A anterior sentenza leuna e publicouna a xuíza substituta que a subscribe, e no día da súa data. Dou fe.

E para que conste e lle sirva de notificación á empresa Graublan Ibérica, S.L, expídese este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 3 de setembro de 2012

O secretario xudicial