Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Mércores, 19 de setembro de 2012 Páx. 36668

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

CÉDULA do 4 de setembro de 2012, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifica a proposta de resolución de expediente sancionador a David Gallego Rouco.

Ante a imposibilidade de notificación, por medio desta cédula notifícase a David Gallego Rouco a proposta de resolución de expediente sancionador do 7 de agosto de 2012.

Comunícase que o devandito acordo se atopa á súa disposición, no prazo de 15 días, das 9.00 ás 14.00 horas, na Área Xurídica das dependencias desta xefatura territorial, sitas na avenida Fernández Ladreda, 43, 5ª planta de Pontevedra.

Así mesmo, durante ese mesmo prazo, e de acordo co disposto nos artigos 18 e 19 do Real decreto 1398/1993, polo que se aproba o Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, poderá presentar cantas alegacións e/ou documentos consideren convenientes.

A presente cédula expídese para que conste e sirva de notificación á interesada, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Pontevedra, 4 de setembro de 2012

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra