Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Mércores, 19 de setembro de 2012 Páx. 36669

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 13 de agosto de 2012, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Traballo e Benestar, pola que se fai pública a declaración de deserta da contratación dunha subministración, por lotes, de enerxía eléctrica de alta e baixa tensión aos centros dependentes da consellería, mediante un acordo marco cun único empresario por cada lote, polo procedemento aberto e tramitación ordinaria (expediente 2012.2.CTB.A).

Expediente 2012.2.CTB.A.

1. Entidade adxudicadora: Consellería de Traballo e Benestar.

a) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

b) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: subministración sucesiva.

b) Descrición do obxecto: subministración, por lotes, de enerxía eléctrica de alta e baixa tensión aos centros dependentes da consellería, mediante acordo marco cun único empresario por cada lote que se licita.

Lote 1: subministración en baixa tensión con potencia contratada ≤ 10 kW.

Lote 2: resto de subministracións.

c) Diario Oficial de Galicia número 89, do 10 de maio de 2012.

3. Tramitación e procedemento: ordinaria e aberto.

4. Orzamento base de licitación: dous anos ascende a tres millóns novecentos oitenta e oito mil novecentos noventa e cinco euros con tres céntimos de euro (3.988.995,03 €) máis setecentos dezaoito mil dezanove euros con dez céntimos de euro (718.019,10 €) en concepto do imposto sobre o valor engadido, a un tipo do 18 %, resultando un total de catro millóns setecentos sete mil catorce euros con trece céntimos de euro (4.707.014,13 €).

5. Declaración de deserta.

Lote 1: resolución de declaración de deserta da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Traballo e Benestar con data do 18 de xuño de 2012.

Lote 2: resolución de declaración de deserta da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Traballo e Benestar con data do 27 de xuño de 2012.

Santiago de Compostela, 13 de agosto de 2012

P.A. (Orde 19.8.2009)
Pablo Nimo Ríos
Vicesecretario xeral da Consellería de Traballo e Benestar