Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Mércores, 19 de setembro de 2012 Páx. 36671

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 28 de agosto de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se fan públicas varias resolucións correspondentes a solicitudes do programa das iniciativas emprendedoras e de emprego convocado pola Orde do 17 de marzo de 2011 (Diario Oficial de Galicia do 28 de marzo).

Intentada a notificación das ditas resolucións segundo o disposto nos artigos 59.5º e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula e segundo o disposto no número 5 do referido artigo e o establecido no artigo 61 do mesmo texto legal, notifícaselles aos interesados o contido das resolucións que figuran como anexo, para que poidan ter coñecemento delas.

Estas resolucións poñen fin á vía administrativa e contra elas os interesados poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, que comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación desta cédula no Diario Oficial de Galicia, ante o órgano competente da xurisdición contencioso-administrativa. Así mesmo, con anterioridade e con carácter potestativo, poderán interpor un recurso de reposición no prazo dun mes, que comezará a contar a partir do día seguinte ao desta publicación, ante este departamento territorial, todo isto de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa e na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Lémbraselles tamén o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias do Servizo de Promoción do Emprego do Departamento Territorial da Consellería de Traballo e Benestar da Coruña (avenida Salvador de Madariaga, 9-1º), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, e obter unha copia desta resolución, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

A Coruña, 28 de agosto de 2012

Luís Alberto Álvarez Freijido
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Nº de expedientes: TR340K 2011/84-1 e TR340K 2011/85.

Nome ou razón social: Kuan Ti Business, S.L.

CIF: B70283031.

Último enderezo coñecido: avda. Alférez Provisional, 3-local 8, 15003 A Coruña.

Tipo de axudas: subvención asistencia técnica/subvención para inicio da actividade.

Contido das resolucións: desestimatorias. Aplicación da disposición adicional cuarta da orde reguladora.

Data da resolución: 5 de xullo de 2012.

Nº de expedientes: TR340K 2011/29-1 e TR340K 2011/30-1.

Nome o razón social: ESEU 24, S.L.

CIF: B70279302.

Último enderezo coñecido: Urbanización A Barbosa-Perbes, 9, 15630 Miño (A Coruña).

Tipo de axudas: subvención á xeración de emprego estable/subvención para o inicio da actividade.

Contido das resolucións: desestimatorias. Aplicación da disposición adicional cuarta da orde reguladora.

Data da resolución: 5 de xullo de 2012.

Nº de expedientes: TR340K 2011/135-1 e TR340K 2011/136-1.

Nome o razón social: Sayans Pazos, S.L.

CIF: B70283098.

Último enderezo coñecido: Lg/ Ponte Goiáns, 55, 15930 Boiro (A Coruña).

Tipo de axudas: subvención á xeración de emprego estable/subvención para o inicio da actividade.

Contido das resolucións: desestimatorias. Aplicación da disposición adicional cuarta da orde reguladora.

Data da resolución: 5 de xullo de 2012.

Nº expedientes: TR340K 2011/362-1, TR340K 2011/363-1 e TR340K 2011/64-1.

Nome ou razón social: Galeximoda, S.L.U.

CIF: B70300165.

Tipo de axudas: subvención á xeración de emprego estable/subvención para asistencia técnica/subvención para o inicio da actividade.

Último enderezo coñecido: r/ Real, 147,15402 Ferrol (A Coruña).

Contido das resolucións: desestimatorias. Aplicación da disposición adicional carta da orde reguladora.

Data da resolución: 5 de xullo de 2012.

Nº expedientes: TR340K 2011/11-1 e TR340K 2011/12-1.

Nome ou razón social: Quatroprint, S.L.

CIF: B70326616.

Último enderezo coñecido: Polígono A Picusa, rúa E, nave 3, 15917 Padrón (A Coruña).

Tipo de axudas: subvención á xeración de emprego estable/subvención para o inicio da actividade.

Contido da resolución: desistencia das peticións. Artigo 16-3º da orde reguladora.

Data da resolución: 3 de xullo de 2012.