Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Mércores, 19 de setembro de 2012 Páx. 36674

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 31 de agosto de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se notifica o inicio do dereito de audiencia do expediente sancionador na orde social RL 2012/402-1.

Intentada a notificación por correo certificado aos titulares das empresas que se indican a continuación sen que se puidese practicar, esta xefatura territorial resolve notificar por este medio, de conformidade cos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, que se inicia o prazo de dez días, a partir do día seguinte á súa publicación no DOG, durante o que poderán exercer o dereito de audiencia do expediente, previo á resolución nesta Xefatura Territorial da Coruña, todo isto segundo o establecido no artigo 18.2 do Real decreto 928/1998, do 14 de maio.

Expediente nº: RL 2012/402-1.

Acta inf. nº: I152010000134391.

Empresa: Mantenimiento y Control Galaica, S.L.

NIF: B70101548.

Enderezo: Vía Edison, bloque 3, 2º, oficina 5, polígono do Tambre, 15890 Santiago de Compostela.

Materia: obstrución.

Normativa infrinxida: artigo 11.2 da Lei 42/1997, do 14 de novembro.

Tipificación: artigo 50.2 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, de acordo cos artigos 39 e 40.1 do dito texto legal (falta grave en grao medio).

Proposta de sanción: 1.300 €.

En relación coa acta de infracción referenciada, o director xeral da Inspección de Traballo e Seguridade Social ditou resolución en alzada en que se acorda a nulidade da Resolución do 4 de febreiro de 2011, da Inspección Provincial de Traballo e Seguridade Social da Coruña, co obxecto de que sexa ditada polo órgano competente da Comunidade Autónoma (Xefatura Territorial da Consellería de Traballo e Benestar da Coruña).

A Coruña, 31 de agosto de 2012

P.S. (Decreto 109/2012, do 22 de marzo)
Francisco Javier Alonso Moraleja
Xefe do Servizo de Coordinación Administrativa