Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Mércores, 19 de setembro de 2012 Páx. 36667

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 4 de setembro de 2012, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Caldas de Rei (expediente IN407A 2012/29-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Electra Cuntiense, S.L.U.

Domicilio social: rúa do Balneario, 1, 36670 Cuntis.

Denominación: modificado LMTS, CT e RBT Casaldrago.

Situación: Caldas de Reis.

Modificación con respecto ao proxecto orixinal: cámbiase o entroncamento da LMTS ao apoio nº 9 da LMT principal Cernadas-Aboi, reducindo a súa lonxitude a 10 metros; cámbiase a situación do centro de transformación (en apoio de formigón HV 1000 R13), que pasa a instalarse na parcela 234 do polígono 27, e engádese un van de 40 metros de rede de baixa tensión debido ao cambio de situación do CT.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Edificio Administrativo avenida Fernández Ladreda 43, 5º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Pontevedra, 4 de setembro de 2012

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra