Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e de aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a seguir se cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.
Denominación: LMTS e CTC rúa do Buxo, s/n.
Situación: concello de Ames.
Características técnicas: liña eléctrica de media tensión subterránea, a 20 kV, cunha lonxitude de 0,262 km, coa orixe e final na LMTS SNT803 entre CS seccionamiento polígono de Milladoiro e o CT rúa das Palmeiras I (expediente 91/05), condutor tipo RHZ-2OL-12/20 kV, 3(1×240 Al).
Centros de transformación non prefabricados, cunha potencia de 3×630 kVA e unha relación de transformación de 20.000/400-230 V.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII, capítulo II do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:
Autorizar e aprobar o proxecto de execución da dita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.
Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.
A instalación executarase nun prazo non superior a un ano, contado a partir da data desta resolución.
Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.
A Coruña, 27 de agosto de 2012
Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña