Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 178 Martes, 18 de setembro de 2012 Páx. 36499

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (263/2012).

María Jesús Hernando Arenas, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fai saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 263/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Laura Couceiro Méndez contra a empresa Textyleve Unipersonal Lda. sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución:

«1º Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de despedimento interpuxo Laura Couceiro Méndez contra a empresa Textyleve Unipersonal Lda. e, en consecuencia, debo declarar e declaro improcedente o despedimento de que foi obxecto a demandante con data do 23 de xaneiro de 2012, e declaro extinguida a relación laboral que unía as partes na data desta resolución, e, en consecuencia, condeno a demandada, Textyleve Unipersonal Lda., a lle aboar á demandante unha indemnización por despedimento a razón de 5.421,22 €; máis o aboamento dos salarios de tramitación entre a data do despedimento e a presente resolución, cuantificados a razón de 35,26 € diarios, polo tanto 7.545,64 €.

2º Que debo estimar e estimo a demanda de cantidade interposta por Laura Couceiro Méndez contra a empresa Textyleve Unipersonal Lda. e, en consecuencia, condeno a demandada, a lle aboar á demandante a suma de 1.900,92 €.

Con intervención do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíquese esta resolución ás partes, e fágaselles saber o seu dereito a interpor contra ela recurso de suplicación perante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Se o recurso o interpón a parte demandada, non se admitirá sen a consignación previa do importe da condena, que deberá ingresar na conta do Xulgado do Social número 5 da Coruña, aberta no grupo Banesto, máis 300 € do depósito especial indicado no artigo 229 da Lei de procedemento laboral. Ambos os ingresos deberanse efectuar por separado na mesma conta corrente antes indicada. A empresa poderá substituír o importe da consignación pola constitución de aval bancario ao dispor deste xulgado por tempo indefinido e con responsabilidade solidaria do avalista.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza, que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Advírtese a destinataria, empresa Textyleve Unipersonal Lda., que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 30 de agosto de 2012

A secretaria xudicial