Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 178 Martes, 18 de setembro de 2012 Páx. 36498

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 4 de setembro de 2012, da Dirección de Recursos Humanos, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo interposto por María Florinda García Sánchez, Paula Pesqueira Fontán e Pilar Rial Rama.

No Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Santiago de Compostela tramítase o recurso 381/2012 (procedemento abreviado), interposto por María Florinda García Sánchez, Paula Pesqueira Fontán e Pilar Rial Rama contra a Resolución do 10 de maio de 2012, da Dirección de Recursos Humanos, pola que se convoca concurso de traslados para a provisión de diversas prazas básicas de persoal licenciado sanitario deste organismo, publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 96, do 22 de maio.

O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer no xulgado como demandadas no prazo de nove días, de conformidade co previsto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 4 de setembro de 2012

Esperanza Fernández Lago
Directora de Recursos Humanos