Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 178 Martes, 18 de setembro de 2012 Páx. 36496

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 27 de agosto de 2012, da Xerencia de Xestión Integrada da Coruña, pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de coordinador de Servizo de Atención Primaria.

Convocada mediante a Resolución 3/2012, do 10 de xullo (DOG nº 146, do 1 de agosto), a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto vacante de coordinador de Servizo de Atención Primaria, esta Xerencia de Xestión Integrada, de conformidade co previsto no Decreto 206/2005, do 22 de xullo (DOG nº 145, do 29 de xullo), de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, e na Orde do 24 de maio de 2006 (DOG nº 106, do 5 de xuño), pola que se establecen as bases do procedemento para a provisión de postos de xefatura e coordinación das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde, en virtude das competencias atribuídas polo Decreto 311/2009, do 28 de maio (DOG nº 109, do 5 de xuño), polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde, e pola Orde do 15 de xuño de 2009 (DOG nº 119, do 19 de xuño), modificada pola Orde do 28 de setembro de 2011, sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde,

ACORDA:

Primeiro. Resolver a convocatoria pública para a provisión dun posto vacante de coordinador de Servizo de Atención Primaria, anunciado pola Resolución 3/2012 (DOG nº 146, do 1 de agosto).

Segundo. Nomear para o posto que se indica a persoa citada no anexo desta resolución.

Terceiro. O aspirante nomeado deberá cesar na praza que desempeña dentro dos tres días hábiles seguintes a aquel en que se publique a presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

Cuarto. A toma de posesión do posto de traballo adxudicado deberá efectuarse dentro dos tres días hábiles seguintes ao do cesamento. Para estos efectos, entenderase por praza desempeñada a efectivamente ocupada, con independencia de que sexa en condición de destino definitivo, adscrición ou destino provisional ou comisión de servizos.

Se así o permiten as necesidades do servizo, e por petición motivada do interesado, os prazos a que se refiren os parágrafos anteriores poderán ser prorrogados polo xerente da Xerencia de Xestión Integrada. Entenderase que solicita a excedencia voluntaria por interese particular e será declarado nesa situación polo órgano competente quen non se incorpore ao posto adxudicado no prazo establecido.

Quinto. Contra esta resolución poderá interpoñerse, nos termos previstos na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, recurso de alzada perante a Dirección de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación.

A Coruña, 27 de agosto de 2012

Alfredo García Iglesias
Xerente da Xerencia de Xestión Integrada da Coruña

ANEXO

Posto: coordinador de Servizo de Atención Primaria da Laracha.

Nome e apelidos: María Luisa Vázquez Rey.

DNI: 76325757-G.