Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 178 Martes, 18 de setembro de 2012 Páx. 36493

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

ORDE do 10 de setembro de 2012 pola que se nomea funcionaria do corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia, grupo B, escala de enxeñeiros técnicos forestais, a aspirante que superou o proceso selectivo convocado pola Orde do 28 de decembro de 2007, en execución da sentenza do 14 de marzo de 2012, ditada pola Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no procedemento ordinario 204/2010.

Con data do 14 de marzo de 2010 a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia estimou o recurso contencioso-administrativo PO 204/2010, presentado por Amalia Elsa Pazos Pintos contra a Resolución da Consellería de Facenda do 11 de xaneiro de 2011, desestimatoria do recurso de alzada presentado contra a Resolución do 22 de outubro de 2009, do tribunal nomeado para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia, grupo B, escala de enxeñeiros técnicos forestais.

A resolución da sentenza, que é firme, dispón:

«Que debemos estimar e estimamos parcialmente o recurso contencioso-administrativo interposto por Amalia Elsa Pazos Pintos e, en tal sentido, anulamos e deixamos sen efecto por contrarias a dereito as resolucións contra as cales se recorreu, dando plena validez en canto á recorrente, á puntuación contida na previa Resolución do 4 de agosto de 2009 (DOG do 13 de agosto) coas consecuencias que, derivadas da citada puntuación na fase de concurso, se sigan para a recorrente en canto á superación do proceso selectivo a que concorreu para ingreso pola quenda de libre acceso ao corpo facultativo de grao medio (grupo B), escala de enxeñeiros forestais da Xunta de Galicia. Sen custas».

En execución da dita sentenza a demandante obtén as seguintes puntuacións:

Puntuación 1º exercicio

Puntuación 2º exercicio

Puntuación fase de concurso

Puntuación final

Sentenza PO 204/2010

10,00

12,55

13,2

35,75

De conformidade coa puntuación total do proceso, correspóndelle a oitava posición na orde de prelación dos aspirantes, polo que superaría o proceso selectivo convocado pola quenda de libre acceso para a cobertura de 23 prazas da escala de enxeñeiros técnicos forestais (DOG do 10 de xaneiro de 2008).

De acordo co todo o exposto, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Nomear funcionaria de carreira do corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia, grupo B, escala de enxeñeiros técnicos forestais, a aspirante que superou o proceso selectivo convocado pola Orde do 28 de decembro de 2007, en execución da sentenza do 14 de marzo de 2012, ditada pola Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no procedemento ordinario 204/2010.

Segundo. Adxudicar á dita aspirante como destino provisional o posto de traballo que figura no anexo.

Para adquirir a condición de funcionario do corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia, grupo B, escala de enxeñeiros técnicos forestais, a aspirante deberá cumprir os requisitos exixidos no artigo 47 do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia, e tomar posesión do posto de traballo no prazo dun mes, que comezará a computar a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Terceiro Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer, con carácter potestativo, recurso de reposición perante a conselleira de Facenda no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde esa mesma data, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, conforme o disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 10 de setembro de 2012

Elena Muñoz Fonteriz
Conselleira de Facenda

ANEXO

Apelidos

Nome

DNI

Código do posto

Cons.

Denominación

Nivel

Centro destino

Centro directivo

Concello

Pazos Pintos

Amalia Elsa

53110213-Q

MA.C03.00.001.15770.009

MA

Xefe Sección de Espazos Naturais

25

S.X. de Espazos Naturais e Biodiversidade

D.X. de Conservación da Natureza

Santiago de Compostela