Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 178 Martes, 18 de setembro de 2012 Páx. 36501

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (87/2012).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento sancións 87/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Ramón Vázquez Rial contra a empresa Neo Energy Solutions Europe, S.L., se ditou a seguinte resolución:

«Resolvo que debo estimar e estimo a demanda presentada e, en consecuencia, revogo a sanción por falta moi grave, consistente na amoestación por escrito imposta ao demandante por comunicación recibida o 16 de decembro de 2011, a que se refire este procedemento.

Notifíquese esta resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela non cabe recurso de suplicación.

Lévese o orixinal desta resolución ao libro de sentenzas e déixese testemuño nas actuacións.

Así o acordo, mando e asino».

A maxistrada xuíza.

E para que sirva de notificación en legal forma á demandada Neo Energy Solutions Europe, S.L., en paradoiro descoñecido, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 3 de setembro de 2012

A secretaria xudicial