Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 177 Luns, 17 de setembro de 2012 Páx. 36359

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Rodeiro

EDICTO polo que se somete a información pública a solicitude de licenza para ampliación de explotación de vacún.

Javier López Amarante, en representación de Gandeiría Rizo, S.L., solicitou desta alcaldía licenza municipal para ampliación de explotación de vacún mediante nave para xovencas, que se situará en Covelos-Fafián-Rodeiro.

En cumprimento do disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, en que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública polo período de vinte días hábiles, co fin de que durante este tempo –que comezará a contarse desde o día seguinte ao da inserción do presente edicto no Boletín Oficial da provincia e no DOG– poidan examinar o expediente, na Secretaría deste concello, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas polas actividades que se pretenden instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que estimen oportunas.

Rodeiro, 7 de setembro de 2012

Luis López Diéguez
Acalde