Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 177 Luns, 17 de setembro de 2012 Páx. 36358

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Pastoriza

ANUNCIO de información pública sobre solicitude de licenza para ampliación de explotación de gando vacún de leite.

Senén Saavedra Rodríguez solicitou desta alcaldía licenza municipal para ampliación de explotación de gando vacún de leite, que se situará no lugar da Torre (Saldanxe). Cumprindo o disposto no parágrafo 3 do artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública polo período de vinte días hábiles, co fin de que durante este, que comezará a contarse desde o día seguinte ao da última publicación deste edicto no Boletín Oficial da provincia e no Diario Oficial de Galicia, poidan examinar o expediente, na Secretaría deste Concello, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que estimen oportunas.

A Pastoriza, 7 de setembro de 2012

Primitivo Iglesias Sierra
Alcalde