Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 177 Luns, 17 de setembro de 2012 Páx. 36357

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Barco de Valdeorras

ANUNCIO de información pública sobre licenza de apertura de local.

Eduardo Delgado López e Santiago Rodríguez Fernández solicitaron neste concello licenza municipal para a apertura dun local destinado a almacén de materiais de construción, embalaxes de madeira e garaxe privado na rúa Salgueiral, s/n, polígono 25, parcela 007, deste municipio. Polo tanto, en cumprimento do disposto no Decreto 133/2008 polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, o expediente sométese a información pública durante o prazo de vinte días hábiles, contados a partir do seguinte ao da aparición deste anuncio no Boletín Oficial da provincia e no Diario Oficial de Galicia, para que poida ser examinado na Secretaría deste concello e presentar as reclamacións que consideren oportunas.

O Barco de Valdeorras, 28 de agosto de 2012

Alfredo García Rodríguez
Alcalde