Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 177 Luns, 17 de setembro de 2012 Páx. 36360

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO de contratación do servizo para a limpeza da Casa do Concello e doutras dependencias deste concello.

1. Entidade que adxudica: organismo: Concello de Vigo. Dependencia: Área de Fomento. Nº de expediente 1316-440.

2. Obxecto do contrato: descrición: servizo de limpeza da Casa do Concello e outras dependencias municipais.

Lugar de execución: Concello de Vigo.

Prazo de execución: catro anos máis dúas posibles prórrogas dun ano.

3. Tramitación e procedemento.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

4. Orzamento base: 7.461.942,84 euros.

5. Garantías provisionais: non se exixen.

6. Obtención da documentación e información: www.vigo.org (perfil de contratante), teléfono: 986 81 01 48; fax: 986 22 62 06.

Data límite para solicitar documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista: clasificación: grupo U, subgrupo 1, categoría D.

8. Presentación de ofertas: prazo: o prazo rematará o 5 de outubro de 2012.

Documentación: a exixida na cláusula 12 do prego de condicións administrativas.

Lugar de presentación: Rexistro Xeral do Concello de Vigo, praza do Rei s/n, 36202 Vigo, ata as 13.30 horas do último día de prazo, ou a través da plataforma electrónica de contratación pública Vortalgov (www.vortalgov.es).

Prazo da obriga de manter a oferta: dous meses contados desde o día da apertura de proposicións.

9. Apertura de ofertas técnicas: entidade, domicilio e localidade: véxase o punto 6 do anuncio.

Data e hora: 11.30 horas do 16 de outubro de 2012.

10. Outras informacións.

11. Páxina web para obtención de información: www.vigo.org

Vigo, 7 de setembro de 2012

Raquel Díaz Vázquez
Concelleira delegada de Patrimonio e Contratación