Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Venres, 14 de setembro de 2012 Páx. 36023

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Reforzo da Coruña

EDICTO (886/2010).

Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial de reforzo do Xulgado do Social número 4 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 886/2010, deste xulgado do social, seguido por instancia de Javier Lima Ameal contra a empresa TIG Formación y Empleo, S.L.U., en que foi parte o Fondo de Garantía Salarial, sobre ordinario, se ditou a sentenza número 605/2012, cuxo encabezamento e resolución son como segue:

«Sentenza.

A Coruña, 24 de xullo de 2012.

Ana Rodríguez Piorno, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 4 (reforzo) da Coruña, ditou esta resolución nos autos de procedemento sobre reclamación de cantidade 886/2010, en que foi demandante Javier Lima Ameal, representado polo letrado Sr. Pena Díaz, e demandada a empresa T.I.G. Formación y Empleo, S.L. Da mesma maneira citouse o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), coa representación da letrada Sra. Abajo Lera.

Dispoño que debo estimar e estimo a demanda interposta por Javier Lima Ameal contra a empresa T.I.G. Formación y Empleo, S.L. e, en consecuencia, condeno a empresa demandada a aboar a Javier Lima Ameal a cantidade de 5.116,96 euros que lle debe. Esta cantidade deberase incrementar co xuro de mora do 10 %, ben que única e exclusivamente respecto dos conceptos de carácter estritamente salarial.

Non procede a condena do Fondo de Garantía Salarial nesta instancia, sen prexuízo da responsabilidade que se lle poida imputar con posterioridade.

Notifíquese esta sentenza ás partes.

Contra esta resolución cabe interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que deberá ser anunciado no prazo dos 5 días seguintes ao da notificación desta sentenza.

Así o pronuncio, mando e asino».

E para que lle sirva de notificación a T.I.G. Formación y Empleo, S.L., expídese esta cédula para a súa publicación no DOG e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 27 de agosto de 2012

A secretaria xudicial