Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Venres, 14 de setembro de 2012 Páx. 36024

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Reforzo da Coruña

EDICTO (567/2012).

Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial de reforzo do Xulgado do Social número 4 da Coruña, fago saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 567/2012, deste xulgado do social, seguido por instancia de Rossana Alicia Messoni Peña contra a empresa Janabel Coffee and Beers, S.L., sobre despedimento, se ditou a sentenza número 606/2012, cuxo encabezamento e resolución son como segue:

«Sentenza.

A Coruña, 23 de agosto de 2012.

Ana Rodríguez Piorno, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 4 da Coruña, en funcións de reforzo, ditou esta resolución nos autos de procedemento sobre despedimento 567/2012, en que foi demandante Rossana Alicia Mesón Peña, asistida polo letrado Sr. Méndez Sanjurjo, que actúa en substitución do letrado Sr. Güemez Abad, e demandada a empresa Janabel Coffee and Beers, S.L.

Dispoño que debo estimar e estimo a demanda interposta por Rossana Alicia Mesón Peña contra a empresa Janabel Coffee and Beers, S.L. e, en consecuencia, declaro improcedente a extinción do contrato da demandante e condeno a empresa demandada a que, no prazo de cinco días desde a notificación desta sentenza, opte entre a readmisión da traballadora nas mesmas condicións que rexían no momento de se producir o despedimento, co aboamento dos salarios de tramitación que, desde a data do despedimento ata a desta resolución, ascenden á cantidade de 5.865,3 euros, aos cales se lles deberán engadir os que se devindiquen ata a súa notificación, a razón de 44,10 euros diarios, e a extinción da relación laboral, con aboamento da cantidade de 13.494,6 euros, en concepto de indemnización.

Notifíquese esta sentenza ás partes.

Contra esta resolución cabe interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que deberá ser anunciado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, para o cal abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social ou colexiado ou representante, dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio da xustiza gratuíta deberá, ao anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto da condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Inscríbase no libro de rexistro da súa clase.

Así o pronuncio, mando e asino».

E para que lle sirva de notificación á mercantil Janabel Coffee and Beers, S.L., expídese esta cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 27 de agosto de 2012

A secretaria xudicial