Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Venres, 14 de setembro de 2012 Páx. 36021

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Monforte de Lemos

EDICTO (609/2010).

Monforte de Lemos o vinte e seis de setembro de dous mil once.

Regina María Peña Sangil, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Monforte de Lemos, certifica que nos autos máis arriba referidos se ditou auto, cos antecedentes de feito e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

«Antecedentes de feito.

Primeiro. A procuradora María Soledad Seoane Portela, en nome e representación de Gloria Irene Díaz Rodríguez, formulou demanda sobre liquidación de gananciais, fronte a Juan-Bautista Camps Calvo, que foi admitida por dilixencia de ordenación do 15 de decembro de 2010, e sinalouse día e hora para a liquidación do réxime económico matrimonial.

Segundo. Que no día e hora sinalado tivo lugar a comparecencia coa asistencia da parte demandante, na cal se acordou considerar a parte demandada conforme coa proposta de liquidación efectuada pola parte demandante.

A. Adxudicacións a Gloria Irene Díaz Rodríguez:

1. A cantidade de 13.215 euros.

2. O vehículo Ford Fiesta, matrícula M-0682-KD: 600 euros.

B. Adxudicacións a Juan Bautista Camps Calvo:

1. A cantidade de 1.815 euros.

2. Opel Astra, matrícula 5853 DMD: 12.000 euros.

C. Dado que as acción que forman parte do activo, por un total de 15.030 euros, foron vendidas polo demandado e este conservou a totalidade deste diñeiro na súa posesión, sen efectuar ningunha entrega a Gloria Irene Díaz Rodríguez, Juan Bautista Camps Calvo deberá igualmente aboar á demandante, nos cinco días seguintes ao da aprobación da liquidación, a cantidade de 13.215 euros.

Parte dispositiva.

Decido aprobar o acordo sobre a liquidación do réxime económico matrimonial, seguido por instancia da procuradora María Soledad Seoane Portela, en nome e representación de Gloria Irene Díaz Rodríguez contra Juan-Bautista Camps Calvo, sinalado no antecedente de feito segundo desta resolución.

Modo de impugnación: recurso de apelación no prazo de cinco días, desde a notificación desta resolución, ante a Audiencia Provincial.

Así o acorda e asina SSª. Dou fe».

Expido e asino o presente edicto.

Monforte de Lemos, 26 de setembro de 2011

A secretaria xudicial