Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 174 Mércores, 12 de setembro de 2012 Páx. 35844

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Mesía

ANUNCIO de información pública sobre licenza para ampliación de comercio e almacén.

Antonio Alberto Mosquera Carro, en representación de Agrovisantoña, S.L. solicitou licenza municipal para a ampliación de comercio e almacén agrogandeiro no lugar de Painceira, número 4, parroquia de Visantoña, parcela 510 do polígono 511 do catastro de rústica do concello de Mesía. En cumprimento do disposto no artigo 8.3º do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese o expediente a información pública durante un prazo de vinte días mediante anuncio no BOP, DOG e no taboleiro de anuncios deste concello, para que quen se considere afectado dalgún xeito pola actividade que se pretende establecer poida alegar o que considere oportuno. O prazo de exposición pública considerarase aberto desde o día seguinte ao da publicación do primeiro anuncio e rematará transcorridos vinte días desde o día seguinte ao da publicación do último anuncio.

O expediente estará á disposición do público na Secretaría do Concello, durante as horas de oficina.

Mesía, 23 de agosto de 2012

Mariano Iglesias Castro
Alcalde