Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 174 Mércores, 12 de setembro de 2012 Páx. 35845

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Poio

ANUNCIO de información pública sobre a aprobación inicial de convenio urbanístico entre este concello e José Antonio Castro Debén e María Ángeles Caldas Castiñeira para a execución da obra da rúa Gonzalo Fernández de la Mora y Mon.

O Pleno desta corporación local, por acordo número 3713 adoptado na sesión do día 31 de xullo de 2012, acordou prestar aprobación á subscrición inicial do Convenio urbanístico de xestión e planeamento entre o Concello de Poio e José Antonio Castro Debén e María Ángeles Caldas Castiñeira, para a execución da obra de humanización da rúa Gonzalo Fernández de la Mora y Mon, asinado con data do 12 de maio de 2011.

O dito convenio sométese a información pública durante o prazo de 20 días hábiles, contados a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, durante o cal se poden presentar no Concello as alegacións que se consideren oportunas contra el. O expediente pódese examinar na oficina de Urbanismo, na casa do Concello de Poio, en horas de oficina.

Poio, 20 de agosto de 2012

Luciano Sobral Fernández
Alcalde