Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 174 Mércores, 12 de setembro de 2012 Páx. 35846

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Poio

ANUNCIO de información pública sobre a aprobación inicial de convenio urbanístico entre este concello e José Otero Pena e Flora Isabel Penela González para a execución da obra da rúa Gonzalo Fernández de la Mora y Mon.

O Pleno desta corporación local, por acordo número 3712 adoptado na sesión do día 31 de xullo de 2012, acordou prestar aprobación á subscrición inicial do Convenio urbanístico de xestión e planeamento entre o Concello de Poio e José Otero Pena e Flora Isabel Penela González, para a execución da obra de humanización da rúa Gonzalo Fernández de la Mora y Mon, asinado con data 3 de xuño de 2011.

O dito convenio sométese a información pública durante o prazo de 20 días hábiles, contados a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, durante o cal se poden presentar no Concello as alegacións que se consideren oportunas contra el. O expediente pódese examinar na oficina de Urbanismo, na casa do Concello de Poio, en horas de oficina.

Poio, 20 de agosto de 2012

Luciano Sobral Fernández
Alcalde