Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 174 Mércores, 12 de setembro de 2012 Páx. 35847

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Santa Comba

ANUNCIO de información pública sobre licenza para ampliación de cemiterio.

José García Liñares, en calidade de párroco de San Cristovo de Mallón (Arcebispado de Santiago de Compostela), solicitou desta Alcaldía licenza municipal de obra e de actividade para a ampliación do cemiterio de San Cristovo de Mallón, de acordo co proxecto básico e de execución presentado. De conformidade co previsto no Decreto 134/1998, do 23 de abril, de policía sanitaria mortuoria, e de conformidade co disposto no artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, no que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por período de vinte días hábiles, co fin de que durante este (que comezará a contar desde o día seguinte ao da derradeira inserción do presente edicto no Boletín Oficial da provincia ou no DOG) as persoas que se consideren afectadas dalgún xeito pola actividade que se pretende instalar, poidan examinar o expediente na Secretaría deste concello e formular as reclamacións ou observacións que consideren oportunas.

Santa Comba, 3 de agosto de 2012

Antonio M. Landeira Gallardo
Alcalde