Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 174 Mércores, 12 de setembro de 2012 Páx. 35848

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Axencia Estatal de Administración Tributaria

RESOLUCIÓN do 21 de agosto de 2012 sobre organización e atribución de competencias na área de recadación.

A Resolución do 26 de decembro de 2005, da Presidencia da Axencia Estatal de Administración Tributaria, sobre organización e atribución de competencias na área de recadación, establece no seu punto terceiro 1.2.1.c) que corresponde ás unidades administrativas rexionais de recadación das administracións desenvolver as súas funcións e competencias respecto ás débedas das persoas ou entidades con domicilio fiscal no ámbito territorial da correspondente Administración, cuxa xestión recadatoria non corresponda ás dependencias rexionais de recadación e non se trate de débedas daqueles obrigados tributarios cuxa xestión recadatoria se axuste aos procesos informatizados a que se refire a disposición adicional segunda desta resolución, e cando o importe total das súas débedas non supere a cifra que para cada Administración fixe o titular da correspondente delegación especial, logo de informe favorable do Departamento de Recadación, mediante acordo publicado no boletín oficial correspondente ao seu ámbito territorial; este importe, como máximo, é de 300.000 €.

En cumprimento do citado no parágrafo anterior, e logo do informe favorable do Departamento de Recadación da AEAT, resolvín que para cada Administración das que se citan a continuación o importe a que fai referencia o punto terceiro 1.2.1.c) da Resolución do 26 de decembro de 2005, da Presidencia da Axencia Estatal de Administración Tributaria, sobre organización e atribución de competencias na área de recadación, sexa o seguinte:

D. A Coruña.

A. Betanzos: 0,00 €.

A. Carballo: 0,00 €.

A. Ribeira: 0,00 €.

D. Lugo.

A. Foz: 0,00 €.

A. Monforte de Lemos: 0,00 €.

D. Ourense.

A. O Barco de Valdeorras: 0,00 €.

A. Verín: 0,00 €.

D. Pontevedra.

A. A Estrada: 0,00 €.

A. Ponteareas: 0,00 €.

A. Tui: 0,00 €.

A presente resolución será obxeto de publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 21 de agosto de 2012

José Luis Rodríguez Díaz
Delegado especial de Galicia