Con data do 17 de agosto de 2012 o Pleno do Concello de Maside acordou por unanimidade a aprobación inicial da modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento municipal na rúa Outeiro Grande, na localidade da Maside, expediente que se encontra nas dependencias municipais. Este expediente sométese a información pública durante o prazo de dous meses contados desde a publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, segundo o artigo 85.2 da Lei 9/2002, do 30 de novembro, de protección urbanística e protección do medio rural de Galicia, modificada pola Lei 15/2004, do 29 de decembro. O ámbito obxecto desta modificación está situado na parroquia de Maside.
Maside, 22 de agosto de 2012
José Manuel Iglesias Araújo
Alcalde accidental