Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 172 Luns, 10 de setembro de 2012 Páx. 35672

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

CÉDULA do 7 de agosto de 2012, da Xefatura Territorial de Pontevedra da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, pola que se lle notifica á interesada a resolución de reintegro dos pagamentos indebidos en rehabilitación e renovación de calidade de vivendas no medio rural e conxuntos históricos de Galicia, en relación co expediente da solicitude de subvención P-CSHN-0260/08 e da cédula de rehabilitación de calidade P-CDHN-0521/07.

De conformidade cos artigos 58, 59 e 60 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de que se intentase en dúas ocasións a notificación persoal no último domicilio coñecido, notifícaselle á interesada a resolución de reintegro do pagamento indebido que se detalla no anexo.

Pontevedra, 7 de agosto de 2012

(Decreto 317/2009, do 4 de xuño)
José Luis Díez Yáñez
Xefe territorial de Pontevedra da Consellería de Medio Ambiente,
Territorio e Infraestruturas

ANEXO

Expediente: P-CSHN-0260/08.

Nome: Vigovello, S.L.

Enderezo: rúa Alta 9-1º, 36202 Vigo.

Asunto: reintegro do pagamento indebido.

Contía: 2.128,31 €.