Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 172 Luns, 10 de setembro de 2012 Páx. 35671

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

CÉDULA do 2 de agosto de 2012, da Área Provincial de Ourense, pola que se notifica o acordo de incoación do expediente sancionador E.S. OU-06/12.

Mediante esta cédula notifícaselle á persoa que se menciona no anexo que con esta data resolvín publicar o acordo de incoación do expediente sancionador por infracción do réxime legal de vivenda protexida, por non ser posible a súa notificación a través do servizo de Correos, de conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

O interesado poderá alegar canto considere conveniente e, de ser o caso, propor proba en que concrete os medios de que pretenda valerse no prazo de quince días, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta cédula.

Ourense, 2 de agosto de 2012.

P.S.
María de los Ángeles Mosqueira Vidal
Xefa do Servizo Técnico

ANEXO

Expediente: E.S. OU-06/12.

Responsable: José Silva da Cruz.

Enderezo: avda. de Italia número 112, 35100 San Bartolomé Tirajana, Las Palmas.

Feitos imputados: incumprimento da obriga de destinar a vivenda protexida a residencia habitual e permanente, situada na rúa Luís Trabazo número 5-5º A de Ourense, e incumprimento das exixencias relativas ao depósito da fianza concernente ao contrato de alugamento.

Infraccións: moi grave e grave.