Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 172 Luns, 10 de setembro de 2012 Páx. 35673

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 6 de agosto de 2012, da Xerencia de Xestión Integrada da Coruña, pola que se anuncia a contratación suxeita a regulación harmonizada do servizo de mantemento de ordenadores persoais, impresoras e outros periféricos, mediante procedemento aberto e adxudicación baseada en criterios avaliables de forma automática por aplicación de fórmulas e criterios cuxa cuantificación depende de xuízos de valor (AB-EIC1-12-005).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde-Servizo de Contratación da Xerencia de Xestión Integrada da Coruña, Paseo Xeneral Sir John Moore, 2-1ª planta, 15001 A Coruña, Teléfono: 981 17 80 73. Telefax: 981 17 80 32.

b) Correo electrónico: Contratacion.XXIACoruna@sergas.es

c) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

d) Data límite de obtención de documentación e información: 15.10.2012.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizos.

b) Descrición do obxecto: mantemento de ordenadores persoais, impresoras e outros periféricos.

c) División por lotes e número de lotes: non existen lotes.

d) Lugar de execución/entrega: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

e) Prazo de execución/entrega: 12 meses desde a entrada en vigor do contrato.

f) Admisión de prórroga: si. A duración do contrato, incluídas as prórrogas, non superará os 24 meses.

g) Establecemento dun acordo marco: non.

h) CPV: 50322000-8 e 50323100-6.

3. Tramitación e procedemento: ordinaria e aberto.

a) Criterios de adxudicación: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Orzamento base de licitación:

a) Orzamento sen IVE: 155.220,00 euros.

b) IVE: 27.939,60 euros.

c) Importe co IVE: 183.159,60 euros.

5. Garantías exixidas:

– Provisional: non.

– Definitiva: si. Cinco por cento do importe de adxudicación, excluído o imposto sobre o valor engadido.

6. Requisitos específicos do contratista:

a) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

7. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: 15.10.2012.

b) Lugar de presentación:

1. Dependencia: Rexistro da Xerencia de Xestión Integral da Coruña, Hospital Abente y Lago.

2. Domicilio: Paseo Xeneral Sir John Moore, nº 2-2ª planta.

3. Localidade e código postal: A Coruña, 15001.

c) Admisión de variantes: non se admiten.

d) Prazo durante o cal o licitador está obrigado a manter a súa oferta: segundo o establecido no artigo 161 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.

8. Apertura de ofertas:

a) Dirección: sala de xuntas do Hospital Abente y Lago, planta segunda, edificio antiga Xerencia de Atención Primaria da Coruña, Paseo Xeneral Sir John Moore, nº 2.

b) Localidade e código postal: A Coruña, 15001.

c) Data e hora: as datas de apertura do sobre B, relativo a criterios non avaliables de forma automática, e sobre C, relativo a criterios avaliables de forma automática, publicaranse no perfil do contratante: www.sergas.es

9. Gastos de publicidade: por conta dos adxudicatarios. Ver prego de cláusulas administrativas particulares.

10. Data de publicación no Diario Oficial de las Comunidades Europeas do anuncio de información previa ou mención da súa non publicación:

11. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 22.8.2012.

A Coruña, 6 de agosto de 2012

P.D. (Decreto 252/2003)
Jerónimo Pardo Vázquez
Director de Procesos de Soporte