Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 172 Luns, 10 de setembro de 2012 Páx. 35676

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 29 de agosto de 2012, da Dirección de Recursos Económicos, pola que se anuncia a contratación pola Consellería de Sanidade da adquisición de 6 equipos de potenciais evocados automatizados para o Programa galego para a detección da xordeira en período neonatal (AB-CON1-12-010).

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Consellería de Sanidade.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección de Recursos Económicos.

c) Obtención de documentación e información:

1. Dependencia: Servizo de Contratación.

2. Domicilio: Edificio Administrativo San Lázaro s/n, 2ª planta.

3. Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela.

4. Teléfono: 881 54 36 35.

5. Telefax: 881 54 27 62.

6. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

d) Número de expediente: AB-CON1-12-010.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: subministración.

b) Descrición: adquisición de 6 equipos de potenciais evocados automatizados para o Programa galego para a detección da xordeira en período neonatal.

c) División por lotes: non.

d) Prazo de execución/entrega: máximo 30 días desde a súa formalización.

e) Admisión de prórroga: non.

f) CPV (referencia de nomenclatura): 33124100-6.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación, de ser o caso:

Concepto

Puntuación máxima

Criterios non valorables automaticamente (sobre B)

0-40

Valoración funcional do equipo: 0-10 puntos.

Posibilidade de utilización de auriculares de inserción reutilizables e/ou dun só uso e facilidade do equipo para poder intercambiar o tipo de auricular entre unha proba e outra: 0-10 puntos.

Facilidade na introdución de datos do neno: 0-5 puntos.

Capacidade de integración dos equipos cos sistemas de información corporativos da Consellería de Sanidade: 0-5 puntos.

Datos sobre taxas de derivación, taxas de detección e VPP en programas de cribado documentadas mediante publicacións científicas: 0-5 puntos.

Garantía de continuidade no servizo: 0-2,5 puntos.

Capacidade para ofrecer instrucións contextuais para a realización da proba e alertas sobre situación de impedancias e/o ruídos ambientais ou bioxénicos: 0-2,5 puntos.

Criterios valorables automaticamente (sobre C)

0-60

Oferta económica: 0-40 puntos.

Formación: 2 puntos.

Prezo do mantemento anual integral dos equipos ofertados para un período de cinco anos: 0-5 puntos.

Prezo dos terminais de estimulación acústica externos e adhesivos ao pavillón auditivo (auriculares) e eléctrodos: 0-7 puntos.

Prazo de duración da garantía por riba da legalmente establecida (24 meses) para o produto: 0-6 puntos.

4. Valor estimado do contrato: 90.000 euros.

5. Orzamento base de licitación:

a) Importe neto: 90.000 euros. Importe total: 99.000 euros.

6. Garantías exixidas:

Provisional: non. Definitiva: 5 % do importe da adxudicación, excluído o IVE.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional, de ser o caso: ver números 16 e 17 da folla de especificacións (portada).

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: quince días naturais contados desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG). De o último día de presentación de solicitudes coincidir en sábado ou día inhábil na localidade establecida na cláusula 5.2. do prego de cláusulas administrativas particulares, o prazo de presentación prorrogarase ao primeiro día hábil seguinte.

b) Lugar de presentación:

1. Dependencia: Rexistro Xeral da Consellería de Sanidade e Servizo Galego de Saúde.

2. Domicilio: Edificio Administrativo San Lázaro, s/n.

3. Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela.

c) Admisión de variantes, se procede: non.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: 2 meses contados desde a data de apertura das proposicións.

9. Apertura das ofertas:

a) Enderezo: Servizo Galego de Saúde, Edificio Administrativo San Lázaro, s/n.

b) Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela.

c) Data e hora: a apertura do sobre B terá lugar na sala 2-1 do Edificio Administrativo San Lázaro, ás 9.00 horas do décimo primeiro día natural contado desde o día seguinte ao de finalización da presentación das ofertas. No caso de que o día sinalado coincida en sábado, domingo ou festivo, realizarase o seguinte día hábil.

A apertura do sobre C publicarase no perfil do contratante.

10. Gastos de publicidade: si, por conta do adxudicatario.

11. Outras informacións: ver número 27 da folla de especificacións (portada).

Santiago de Compostela, 29 de agosto de 2012

Pablo Torres Arrojo
Director de Recursos Económicos