Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 172 Luns, 10 de setembro de 2012 Páx. 35679

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Parlamento de Galicia

RESOLUCIÓN do 4 de setembro de 2012, da Presidencia do Parlamento de Galicia, pola que se anuncia a licitación da contratación administrativa para a subministración de ordenadores portátiles e impresoras para o Parlamento de Galicia.

En cumprimento do disposto no artigo 142 do texto refundido da Lei de contratos do sector público aprobado polo Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, publícase o seguinte anuncio de licitación da contratación administrativa para a subministración de ordenadores portátiles e impresoras para o Parlamento de Galicia:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Parlamento de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección de Recursos Humanos e Réxime Interior.

c) Obtención de documentación e información:

1) Dependencia: Parlamento de Galicia (dispoñible no BOPG núm. 758, do 5 de setembro de 2012, e na páxina www.parlamentodegalicia.es).

2) Enderezo: r/ Hórreo, 63.

3) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15701.

4) Teléfono: 981 55 13 00.

5) Telefax: 981 55 14 09.

6) Correo electrónico: contratacion@parlamentodegalicia.es

7) Enderezo da internet do perfil de contratante: www.parlamentodegalicia.es

8) Data límite de obtención de documentación e información: 8 días naturais a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no DOG.

d) Número de expediente: SRI-PA-6/2012.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: subministración.

b) Descrición: subministración de ordenadores portátiles e impresoras.

c) División por lotes e número de lotes: non hai división en lotes.

d) Lugar de execución:

1) Enderezo: r/ Hórreo, 63.

2) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15701.

e) Prazo de duración: desde a data da súa sinatura ata a finalización do período de subministración.

f) Admisión de prórroga: non procede.

g) CPV (referencia de nomenclatura): 30213100-6; 30120000-6.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación: criterios cuxa cuantificación depende de xuízo de valor: ata 29 puntos; criterios avaliables de forma automática por aplicación de fórmulas: ata 71 puntos.

4. Valor estimado do contrato: 101.210,00 €.

5. Orzamento base de licitación:

a) Importe neto: 101.210,00 €; importe total: 122.464,10 €.

6. Garantías:

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva: 5 % do prezo de licitación.

c) Complementaria: no caso de que o licitador que presentase a oferta economicamente máis vantaxosa conforme os criterios de valoración, estando en baixa anormal ou desproporcionada, xustifique debidamente o importe ofertado, terá que constituír unha garantía polo importe do 5 % do prezo de licitación, IVE excluído.

7. Requisitos específicos do contratista:

Os dispostos nas cláusulas quinta e sexta do prego de cláusulas administrativas particulares, e nas correspondentes do prego de prescricións técnicas.

8. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: 8 días naturais a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no DOG. Se o último día da presentación fose un día festivo, ampliarase o prazo ata o día hábil seguinte.

c) Lugar de presentación:

1. Dependencia: Rexistro do Parlamento de Galicia.

2. Enderezo: r/ Hórreo, 63.

3. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15701.

4. Enderezo electrónico: contratacion@parlamentodegalicia.es

d) Admisión de variantes: non se admiten.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: ata tres meses contados desde o remate do prazo para a presentación de ofertas.

9. Apertura das ofertas:

a) Descrición: sesión pública de apertura de ofertas dos sobres B.

b) Enderezo: r/ Hórreo, 63.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15701.

d) Data e hora: no día e a hora que oportunamente se lles comunicará aos licitadores e se publicará no perfil de contratante da páxina web do Parlamento de Galicia.

10. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario.

11. Outras informacións: nos pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas publicados no BOPG núm. 758, do 5 de setembro de 2012, e na páxina www.parlamentodegalicia.es

Santiago de Compostela, 4 de setembro de 2012

Pilar Rojo Noguera
Presidenta do Parlamento de Galicia