Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 171 Venres, 7 de setembro de 2012 Páx. 35435

III. Outras disposicións

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

CORRECCIÓN de erros. Decreto 176/2012, do 27 de agosto, polo que se establecen as normas sobre os medios materiais que se utilizarán nas eleccións ao Parlamento de Galicia de 2012.

Advertidos erros no citado decreto publicado no DOG núm. 163, do 28 de agosto de 2012, fanse as oportunas correccións:

Na páxina 34327 no artigo 2. Urnas, parágrafo cuarto, onde di: «As urnas, despois de montadas e precintadas, serán entregadas, contra recibo, aos presidentes das mesas electorais a través dos secretarios dos concellos», debe dicir: «As urnas, despois de montadas e precintadas, serán entregadas, contra recibo, aos presidentes das mesas electorais a través da Xunta Electoral de Zona».

Na páxina 34327 no artigo 3. Cabinas, suprímese o parágrafo cuarto: «As cabinas, despois de montadas, seranlles entregadas, contra recibo, aos presidentes das mesas electorais a través dos secretarios dos concellos».

Na páxina 34328, na disposición adicional primeira, onde di: «Serán igualmente válidos os impresos emitidos pola Oficina do Censo Electoral con motivo das eleccións ao Parlamento de Galicia», debe dicir: «Serán igualmente válidos os impresos emitidos pola Oficina do Censo Electoral con motivo das eleccións ao Parlamento de Galicia. Así mesmo, tamén serán utilizables os modelos recollidos no Real decreto 605/1999, do 16 de abril, de regulación complementaria dos procesos electorais, que teñan carácter xeral».

Na páxina 34330, no anexo IV, Documentación para o voto por correo, dentro da relación de impresos con expresión da súa referencia, onde di: «EPG 4.6 Sobre dirixido ao presidente da Xunta Electoral Provincial para o voto dos inscritos no CERA (envío non gratuíto)», debe dicir: «EPG 4.6 Sobre para a remisión do voto polos electores residentes no estranxeiro (con franqueo)».

Na páxina 34330, no anexo IV, Documentación para o voto por correo, dentro da relación de impresos con expresión da súa referencia, onde di: «EPG 4.6.a Sobre dirixido ao presidente da Xunta Electoral Provincial para o voto dos inscritos no CERA (envío gratuíto)», debe dicir: «EPG 4.6.a Sobre para a remisión do voto polos electores residentes no estranxeiro (sen franqueo)».

Na páxina 34330, no anexo IV, Documentación para o voto por correo, dentro da relación de impresos con expresión da súa referencia, a continuación da epígrafe do impreso EPG 4.9 a Sobre dirixido ao presidente da Xunta Electoral para o voto por correo desde España dos inscritos no Censo Electoral de Residentes Ausentes no Estranxeiro (CERA), débese engadir o seguinte:

«EPG 4.10 Sobre para a remisión do voto CERA á Xunta Electoral Provincial».

Na páxina 34336, no anexo IV, da relación de impresos con expresión da súa referencia e características, onde di: «EPG 4. 6. Sobre dirixido ao presidente da Xunta Electoral Provincial para o voto dos inscritos no CERA (envío non gratuíto)», debe dicir: «EPG 4.6 Sobre para a remisión do voto polos electores residentes no estranxeiro (con franqueo)».

Na páxina 34337, no anexo IV, da relación de impresos con expresión da súa referencia e características, onde di: «EPG 4. 6. a Sobre dirixido ao presidente da Xunta Electoral Provincial para o voto dos inscritos no CERA (envío gratuíto)», debe dicir: «EPG 4.6.a Sobre para a remisión do voto polos electores residentes no estranxeiro (sen franqueo)».

Na páxina 34339, no anexo IV, da relación de impresos con expresión da súa referencia e características, a continuación das características do impreso EPG 4.9.a Sobre dirixido ao presidente da Xunta Electoral para o voto por correo desde España dos inscritos no Censo Electoral de Residentes Ausentes no Estranxeiro (CERA), débese engadir:

«EPG 4.10. Sobre para a remisión do voto CERA á Xunta Electoral Provincial

Características:

Cor e tonalidade: branca, en calquera tonalidade.

Medidas aproximadas: 120×175 mm aproximadamente.

Gramaxe aproximada: 70 g/m².

Impresión e tinta: impresión en calquera tipo de letra, en tinta negra, por unha soa cara, deberá ter fondo interior azul en calquera tonalidade e no interior impreso un texto.

Texto bilingüe: galego, en recta, castelán, cursiva e ambos os dous no mesmo corpo de letra».

Nas páxinas 34340 e 34341, no anexo VII, da relación de impresos con expresión da súa referencia e características, suprímense as relativas ao impreso EPG 7.1 Acta de constitución da mesa electoral (impreso múltiple que consta de portada máis catro follas autocalcantes e contraportada).

Na páxina 34341, no anexo VII, da relación de impresos con expresión da súa referencia e características, suprímense as relativas ao impreso EPG 7.2 Acta de escrutinio da mesa (impreso múltiple que consta de portada máis catro follas autocalcantes e contraportada).

Nas páxinas 34341 e 34342, no anexo VII, da relación de impresos con expresión da súa referencia e características, suprímense as relativas ao impreso EPG 7.3 Acta de sesión da mesa (impreso múltiple que consta de portada máis catro follas autocalcantes e contraportada).

Na páxina 34344, na relación de impresos con expresión da súa referencia e características, onde di: «ANEXO VII», debe dicir: «ANEXO VIII».

Nas páxinas 34365 a 34368, no anexo IV, os sobres EPG 4.6 Sobre para a remisión do voto polos electores residentes no estranxeiro (con franqueo), substitúense polo que se insire a continuación:

missing image file

Nas páxinas 34369 a 34372, no anexo IV, os sobres EPG 4.6.a Sobre para a remisión do voto polos electores residentes no estranxeiro (sen franqueo), substitúense polo que se insire a continuación:

missing image file

Na páxina 34374, no anexo IV, o impreso EPG 4.7.a Exemplar para o interesado. Copia, substitúese polo que se insire a continuación:

missing image file

Na páxina 34374, no anexo IV, o impreso EPG 4.8 Sobre dirixido ao presidente da mesa electoral para o voto por correo dos electores temporalmente no estranxeiro (envío non gratuíto), substitúese polo que se insire a continuación:

missing image file

Na páxina 34376, no anexo IV, despois do sobre EPG 4.9.a Sobre dirixido ao presidente da Xunta Electoral para o voto por correo desde España dos inscritos no Censo Electoral de Residentes Ausentes no Estranxeiro (CERA), débese engadir o sobre EPG 4.10 Sobre para a remisión do voto CERA á Xunta Electoral Provincial, que se insire a continuación:

missing image file

Na páxina 34377, no anexo V, o impreso EPG.5.1 Lista de electores capacitados para presidentes e suplentes (versión dixital), substitúese polo que se insire a continuación:

missing image file

Na páxina 34379, no anexo V, o impreso EPG 5.2 Lista de electores capacitados para vogais e suplentes (versión dixital), substitúese polo que se insire a continuación:

missing image file

Na páxina 34382, no anexo V, o impreso EPG 5.4. Nomeamento dos membros da mesa (impreso múltiple catro follas), substitúese polo que se insire a continuación:

missing image file

Na páxina 34385, no anexo V, o impreso EPG 5.4.c Xustificante de recepción do nomeamento polo interesado, substitúese polo que se insire a continuación:

missing image file

Na páxina 34387, no anexo V, o impreso EPG 5.7 Citación definitiva aos membros das mesas electorais, substitúese polo que se insire a continuación:

missing image file

Na páxina 34395, no anexo VII, suprímese o impreso EPG 7.1 Acta de constitución da mesa electoral.

Na páxina 34396, no anexo VII, suprímese o impreso EPG 7.2 Acta de escrutinio da mesa electoral.

Na páxina 34397, no anexo VII, suprímese o impreso EPG 7.3 Acta de sesión da mesa electoral.

Na páxina 34407, no anexo IX, suprímese o impreso EPG 9.1 Acta de constitución da Xunta para o escrutinio xeral (versión dixital).

Na páxina 34408, no anexo IX, suprímese o impreso EPG 9.2 Acta de escrutinio (versión dixital).

Na páxina 34409, no anexo IX, suprímese o impreso EPG 9.3 Acta da/s sesión/s do escrutinio (versión dixital).

Na páxina 34410, no anexo IX, suprímese o impreso EPG 9.4 Acta de proclamación (versión dixital).