Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 169 Mércores, 5 de setembro de 2012 Páx. 35281

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 10 de agosto de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se autoriza e aproba o proxecto de execución dunha instalación eléctrica no concello da Laracha (expediente IN407A 2011/306-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución das instalacións eléctricas que a continuación se describen:

Solicitante: Suelo Empresarial del Atlántico, S.L.

Domicilio social: Polígono das Fontiñas, Área Central, 1ª p. L32, 15707 Santiago de Compostela.

Denominación: distribución de electricidade en AT (20 kV), BT.

Situación: parque empresarial da Laracha.

Características técnicas: rede de AT en anel, en canalización subterránea, condutores RHZ1-2OL 12/20 kV 1×240 mm2 AL. Centros de transformación: CT1 2×630 kVA, CT2 2×630 kVA, CT3 2×630 kVA, CT4 2×630 kVA, CT5 1×400 e 1×630 kVA, CT6 1×250 kVA, CT7 1×400 e 1×630 kVA, CT8 1×400 kVA, en edificios prefabricados, 15-20/0,42 kV, aceite. Rede de BT para alimentación as parcelas, condutor RV 1×240 mm2 AL e 1×50 mm2 para os cadros de iluminación.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico e no capítulo II, título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución das devanditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Contra esta resolución poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquer outro recurso que considere pertinente ao seu dereito.

A Coruña, 10 de agosto de 2012

Por ausencia (Artigo 39.3 e 40 do Decreto 324/2009; DOG nº 117, do 17 de xuño)
Isidoro Martínez Arca
Xefe do Servizo de Administración Industrial