Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 169 Mércores, 5 de setembro de 2012 Páx. 35279

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 10 de agosto de 2012, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica de recuamento apoio 29, CEL804, no concello de Celanova (expediente IN407A 2012/23-3).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A..

Domicilio social: A Batundeira, 2, 32960 Velle.

Denominación: recuamento apoio 29, CEL804.

Situación: Celanova.

Características técnicas:

LMT aéreo-subterránea a 20 kV de 94 m en aéreo con condutor LA 110/116,2 mm2 e 40 en subterráneo, con condutor RHZ1 e orixe na LMT CEL804 A Manchica, 4, e remate na LMT ao CT Coutada (32CG54).

Orzamento: 16.747,87 euros.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, e no capítulo II, título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial, resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución da dita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Contra a presente resolución poderá interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén poderá interpor calquera outro recurso que considere pertinente.

Ourense, 10 de agosto de 2012

P.S.L. (Decreto 324/2009, do 11 de xuño)
A. Tomás Paz Doniz
Xefe do Servizo de Administración Industrial