Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 169 Mércores, 5 de setembro de 2012 Páx. 35283

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CORRECCIÓN de erros. Resolución do 2 de agosto de 2012, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Traballo e Benestar, pola que se anuncia a contratación do servizo de organización e execución do congreso divulgativo e informativo do Proxecto envellecemento+activo que se celebrará na cidade da Coruña, cofinanciado co Proxecto europeo 0552 envellecemento activo 0-1-E, no marco da segunda convocatoria do Poctep 2007-2013, por procedemento aberto e tramitación ordinaria.

Advertido un erro na referida resolución, publicada no DOG nº 162, do 27 de agosto de 2012, procede facer a seguinte corrección:

No punto 4, onde di: «Orzamento base de licitación: ascende a setenta e tres mil oitocentos corenta e sete euros con corenta e seis céntimos (73.847,46 €), aos cales se engaden trece mil douscentos noventa e dous euros con cincuenta e catro céntimos (13.292,54 €) que corresponden ao IVE (18 %), polo que o importe total do expediente de gasto é de oitenta e sete mil cento corenta euros (87.140 €)».

Debería dicir: «Orzamento base de licitación: ascende a setenta e dous mil dezaseis euros con cincuenta e tres céntimos (72.016,53 €), aos cales se engaden quince mil cento vinte e tres euros con corenta e sete céntimos (15.123,47 €) que corresponden ao IVE (21 %), polo que o importe total do expediente de gasto é de oitenta e sete mil cento corenta euros (87.140 €)».