Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 169 Mércores, 5 de setembro de 2012 Páx. 35284

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 9 de agosto de 2012, da Xefatura Territorial de Vigo, pola que se notifica resolución de expediente sancionador incoado por infracción administrativa na orde social (RL 2007/0061-4).

Intentada a notificación persoal e devolta polo servizo de Correos ao resultar imposible a súa práctica, de conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, mediante esta cédula notifícaselle á empresa que se relaciona a resolución recaída no expediente sancionador correspondente.

Expediente nº: RL 2007/0061-4.

Acta nº: 1598/2006.

Empresa: Obras Frío y Maquinaria, S.L.

NIF: B-36311744.

Enderezo: r/ Portugal, Monte Porreiro, 10.

Materia: seguridade e saúde.

Preceptos infrinxidos: artigos 4.2.d) e 19.1 do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, en relación cos artigos 14.2, 15.1.h) e 17.2 da Lei 31/1995, do 8 de novembro, e anexo IV, parte C.3 do Real decreto 1627/1997, do 24 de outubro.

Preceptos sancionadores: artigos 12.16.f) e 39.3 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.

Data resolución: 19.6.2012.

Resolución: deixar sen efecto a acta de infracción e proceder ao arquivamento do expediente.

Fáiselle saber ao interesado que pode formular recurso de alzada perante o director xeral de Relacións Laborais, no prazo dun mes, contado desde o seguinte día ao da súa publicación, de acordo co previsto no artigo 114 e seguinte da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Vigo, 9 de agosto de 2012

Carmen Bianchi Valcarce
Xefa territorial de Vigo