Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 167 Luns, 3 de setembro de 2012 Páx. 34956

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

RESOLUCIÓN do 28 de agosto de 2012 pola que se anuncia a licitación, suxeita a regulación harmonizada, polo procedemento aberto e tramitación ordinaria, do servizo de posta en marcha dun sistema de tradución lingüística automatizada para as entidades locais de Galicia e Administración pública dentro do Plan eConcellos, cofinanciado nun 80 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do Programa operativo Feder Galicia 2007-2013 (expediente 47/2012).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Departamento de Contratación.

c) Número de expediente: 47/2012.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: servizo de posta en marcha dun sistema de tradución lingüística automatizada para as entidades locais de Galicia e Administración pública dentro do Plan eConcellos.

b) División por lotes e número: non.

c) Prazo e lugar de entrega: o prazo de execución para a prestación do servizo obxecto do presente contrato será de 32 meses, contados a partir da data de formalización do contrato; en todo caso, o contrato rematará antes do 31.12.2014. Antes da súa finalización, este contrato poderase prorrogar por mutuo acordo das partes por un prazo igual ou inferior ao fixado orixinariamente.

d) Admisión de prórroga: si, 32 meses.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Orzamento de licitación: o orzamento máximo autorizado é de 299.102,69 €, máis 53.838,48 € que corresponden ao IVE (18 %), o que supón un total de 352.941,17 € (trescentos cincuenta e dous mil novecentos corenta e un euros con dezasete céntimos), que se distribúe nas seguintes anualidades:

• 2012: 179.461,61 € + IVE (32.303,08 €) = 211.764,69 €.

• 2013: 59.820,54 € + IVE (10.767,70 €) = 70.588,24 €.

• 2014: 59.820,54 € + IVE (10.767,70 €) = 70.588,24 €.

O dito importe está cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional nun 80 %, no marco do Programa operativo Feder Galicia 2007-2013, eixe 1, tema prioritario 13.

5. Garantía provisional: non se exixe.

6. Obtención da documentación e da información.

a) Entidade: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Dirección: edificios administrativos San Caetano.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

d) Teléfono: 981 54 52 86.

e) Fax: 981 54 52 74.

f) Perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=17650

g) Data límite de obtención de documentos e da información: ata o último día de presentación das proposicións, todos os días laborables, agás sábados, das 9.00 ás 14.00 horas.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Solvencia e clasificación: a empresa ofertante deberá estar en posesión da clasificación de empresa de servizos no grupo V, subgrupo 2, categoría A.

Respecto das empresas non españolas de Estados membros da Comunidade Europea, observarase o disposto no artigo 58, 66 e 84 do TRLCSP.

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: o prazo de admisión de proposicións rematará ás 14.00 horas do día 8.10.2012.

b) Documentación que se deberá presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1. Entidade: Rexistro Único e de Información, situado no edificio administrativo San Caetano. Consúltese o horario en: http://www.xunta.es/presentacion

2. Dirección: edificio administrativo San Caetano s/n.

3. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

Cando a proposición se envíe por correo, deberase cumprir o establecido no número 11 das disposicións xerais do prego de cláusulas administrativas particulares.

d) Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura das ofertas.

O lugar, o día e a hora de apertura da documentación relativa aos sobres B e C indicarase no perfil do contratante.

10. Criterios que servirán de base para a adxudicación do contrato e a súa ponderación: os sinalados na epígrafe K da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

11. Gastos dos anuncios: serán por conta do adxudicatario.

12. Data de envío do anuncio de licitación ao DOUE: 28.8.2012.

Santiago de Compostela, 28 de agosto de 2012

Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia