Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 167 Luns, 3 de setembro de 2012 Páx. 34960

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Burela

ANUNCIO de exposición pública de licenza sometida ao procedemento de información de incidencia ambiental.

Solicitada a licenza de actividade existente de varadero para buques de 500 t de desprazamento en rosca, que se desenvolverá no establecemento de Varaderos Vibu, S.L., sito no porto de Burela, na rúa do Berbés nº 7, sometida a avaliación de incidencia ambiental, por Alberto Infante Gómez, con DNI nº 76548874-V, que actúa en representación de Varaderos Vibu, S.L. con CIF B-27113737, neste concello tramítase o oportuno expediente.

En cumprimiento da lexislación vixente sobre actividades molestas, insalubres, nocivas e perigosas, procédese a abrir un período de información pública por termo de vinte días mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia para que, quen se vexa afectado dalgún modo pola dita actividade, presente as observacións que considere pertinentes.

O expediente obxecto desta información pódese consultar nas oficinas municipais en horario de oficina.

Burela, 10 de agosto de 2012

José González Barcia
Alcalde