Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 167 Luns, 3 de setembro de 2012 Páx. 34929

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Reforzo da Coruña

EDICTO (446/2010).

María Mercedes Santos García, secretaria xudicial de reforzo do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 446/2010, seguido neste xulgado, se ditou sentenza cuxo encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:

«A Coruña, 31 de xullo de 2012.

Vistos por Montserrat Matos Salgado, maxistrada xuíza substituta do Xulgado do Social número 2 (reforzo) desta cidade e do seu partido, estes autos de xuízo nº 446/2010, seguidos por instancia de Susana Pereira Carballo, representada polo letrado Sr. Fernández Xesta, e contra as empresas Ve-Gal Reformas Integrales, S.L., que comparece asistida do seu letrado Sr. Romero Alvores, e contra Ambientes Coruña, S.L., que non compareceu no acto de xuízo malia estar citada en legal forma, e o Fogasa, que non comparece no acto de xuízo, versando a litis sobre reclamación de salarios.

Resolvo que estimando a demanda formulada por Susana Pereira Carballo, representada polo letrado Sr. Fernández Xesta, contra as empresas Ve-Gal Reformas Integrales, S.L., que comparece asistida do seu letrado Sr. Romero Alvores, e contra Ambientes Coruña, S.L., que non compareceu no acto de xuízo malia estar citada en legal forma, e o Fogasa, que non comparece no acto de xuízo, debo condenar e condeno a demandada a lle aboar á Sra. Pereira a cantidade de 1.887,16 euros, no sentido exposto no fundamento primeiro, incrementada cos xuros moratorios pertinentes.

Así mesmo, debo absolver e absolvo o Fogasa, sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria nos casos previstos no artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíquese esta resolución ás partes, ás que se lles fará saber que, en virtude do disposto no artigo 191.2.g) da Lei 36/2011, do 11 de outubro, reguladora da xurisdición social, non cabe recurso contra ela».

E para que lle sirva de notificación en legal forma á empresa Ambientes Coruña, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 30 de xullo de 2012

A secretaria xudicial