Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 167 Luns, 3 de setembro de 2012 Páx. 34927

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 20 de agosto de 2012 pola que se contrata persoal laboral fixo na categoría profesional de técnico superior de investigación, análise elemental, en virtude de probas selectivas, polas quendas de promoción interna e de acceso libre, convocadas pola Resolución do 2 de decembro de 2011 (Diario Oficial de Galicia do 22 de decembro e BOE do 5 de xaneiro de 2012).

De conformidade coa proposta elevada polo tribunal cualificador das probas selectivas para cubrir unha praza da categoría profesional de técnico superior de investigación, análise elemental, grupo I, polas quendas de promoción interna e de acceso libre, convocadas pola Resolución do 2 de decembro de 2011 (DOG do 22 de decembro e BOE do 5 de xaneiro de 2012), e tras comprobar que a persoa aspirante reúne os requisitos exixidos na base 2 da convocatoria,

O reitor, de conformidade co disposto no artigo 87.j) dos Estatutos da USC,

RESOLVE:

Primeiro. Aprobar a proposta feita polo tribunal cualificador e contratar como persoal laboral fixo na categoría de técnico superior de investigación, análise elemental, a aspirante que superou o proceso selectivo e que se relaciona no anexo desta resolución.

Segundo. A persoa seleccionada formalizará o seu contrato no Servizo de Xestión de Persoal, situado na Casa da Balconada (rúa Nova nº 6, Santiago de Compostela) no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Terceiro. Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpor un recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Non obstante, as persoas interesadas poderán interpor un recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante o órgano que a ditou. Neste caso non se poderá interpor o recurso contencioso-administrativo antedito mentres non se dite resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, ao abeiro dos artigos 116 e seguintes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Santiago de Compostela, 20 de agosto de 2012

Juan José Casares Long
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela

ANEXO

Categoría laboral: técnico superior de investigación, análise elemental.

Posto: responsable de Análise Elemental.

Quenda: promoción interna.

Nº de orde: 1.

Apelidos e nome: Piñeiro Gómez, Verónica.

DNI: 35306278J.